Monday 29 de April de 2024

O Concello licita a obra de mellora da eficiencia enerxética da Escola infantil da Braña


O Concello sacou a contratación por importe de 73.815,94 euros a obra de mellora da eficiencia enerxética da Escola infantil da Braña, en Mera. Con esta actuación van renovarse as fiestras, repararse a cuberta, mellorar a fachada e cambiar a iluminación, entre outras cousas.

O Concello pretende realizar a obra antes do inicio do próximo curso escolar.